Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Interior e Rural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Foros de discusión Cada participante do curso deberá contribuír como mínimo con dúas achegas a cada un dos catro glosarios que se construirán (un por tema). Trátase de achegar definicións de conceptos, expresións, procesos, etc. relevantes para a materia e tema correspondente.

Realizarase tamén un comentario a outra definición incorporada ao glosario previamente por outro/a compañeiro/a (aclaracións, correccións, ampliacións, críticas, puntualizacións, etc. ás definicións de outros/as).

- Valorarase a oportuna escolla de termos así como a súa definición.
- Valorarase tanto o número de achegas (mínimo 2 por tema) e o número de comentarios a achegas doutros/as compañeiro/as (mínimo un por tema), como, fundamentalmente, a calidade, rigor e relevancia dos mesmos.
- Así mesmo, valorarase o uso de fontes de información para definir os vocábulos. Neste sentido, é obrigatorio que o alumnado indique sempre as referencias das fontes empregadas.
30
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma 4 traballos ou exercicios prácticos, que versarán arredor de cada un dos temas da materia.
En cada traballo valorarase:
• Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
• Orde e coherencia de argumentos.
• Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
• Corrección formal.
• Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas.
40
Outros Proba de seguimento. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xuño.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas, poderán recuperar os traballos e probas suspendidos na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia.

Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica do curso e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000