Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Turismo Interior e Rural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais con utilización de recursos audiovisuais e informáticos, charlas de expertos e presentación de traballos polos alumnos
Foros de discusión Esta actividade consistirá na creación dun glosario colaborativo sobre cada un dos temas da materia.
Cada participante deberá contribuir introducindo termos aos glosarios e comentando os termos introducidos por compañeiros ou compañeiras.
Os obxectivos da actividade son os seguintes:
• Construción colaborativa dun documento sintético que conteña os termos, conceptos e elementos relevantes da disciplina, a fin de que poda ser usado como elemento de referencia básico por parte de todo o grupo.
• Comprensión profunda dos conceptos abstractos e a aplicación dos mesmos.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Encomendarase a realización de catro traballos ou exercicios prácticos, arredor de cada un dos temas da materia.
Outros A final de curso, na data oficial establecida, realizarase unha proba de seguimento da materia e adquisición das competencias requiridas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000