Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
 Materias
  Métodos para a Análise do Turismo e Influencia das Novas Tecnoloxías en Hábitos de Consumo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma A avaliación comprenderá a realización de exercicios e casos prácticos de cada un dos bloques da materia (o peso da nota de cada bloque é do 22,5%).
Para superar a materia é necesario entregar os supostos de todos os bloques así como
realizar o exame, sendo necesaria unha nota mínima de 4 en cada unha das
partes e unha media igual ou superior a 5.
A entrega das actividades farase a través da plataforma moovi.
90 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C18
C19
Exame de preguntas obxectivas Realización dun exame de control
o día fixado como tal no calendario de exames (10% da nota).
10 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C18
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN
CONTINUA (AC)

O alumnado deberá entregar en
prazo catro bloques de actividades ao longo do cuadrimestre a través da
plataforma Moovi (no cartafol correspondente). Metodoloxía: Resolución de
problemas e/o exercicios. Cualificación: cada un dos bloques de actividades
supón un 22,5% da nota (en total os catro bloques de actividades alcanzan o
90%). Para superar a materia será necesario entregar os catro bloques de
actividades cunha nota mínima de 4 para que fagan media coas outras entregas e
probas.

Ademais, o alumnado de avaliación
continua terá que realizar un exame de control na data fixada para iso no
calendario oficial de exames do Master. Metodoloxía: Exame de preguntas
obxectivas. Cualificación: 10% da nota total. Mínimo esixido: 4 para que faga media
coas outras probas.

Para superar a materia é de
carácter obrigatorio entregar os 4 bloques de actividades, así como realizar o
exame, obtendo un mínimo de 4 en cada unha das partes e unha nota media igual
ou superior a 5.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

Para o alumnado que opte pola
avaliación global, a materia avaliarase cun exame teórico-práctico que supoñerá
o 100% da nota da materia.

A parte teórica consistirá nun
exame de cuestións obxectivas (20% da cualificación total) e a parte práctica
en resolución e cuestións prácticas (80% da cualificación total). Para aprobar
a materia, o alumno deberá obter polo menos un 4,0 (sobre 10) en cada parte
avaliada e polo menos un 5 (sobre 10) na nota global.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE

Para o alumnado de avaliación continua,
en caso de non superar a materia na primeira convocatoria (xaneiro) o estudante
deberá entregar de novo as actividades non entregadas ou non superadas, na
convocatoria de xullo (data límite de entrega o mesmo día do exame, vía Moovi,
no cartafol correspondente). Igualmente deberá repetir o exame na data fixada
en xullo en caso de non superar ou non presentarse ao exame de xaneiro.

Ao alumnado de avaliación global
aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación que se aplicou na 1ª OPORTUNIDADE.

AVISOS SOBRE A AVALIACIÓN

O alumnado matriculado
manifestará formalmente (mediante correo electrónico ou través de Moovi) a súa
intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. En todo caso, aínda
que non exista manifestación formal, considerarase que o alumno/a opta polo
sistema de avaliación continua coa entrega do primeiro bloque de actividades. O
prazo para cambiar ao sistema de avaluación global será o fixado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

























A avaliación será a mesma para as 3 modalidades
(presencial, semipresencial, non presencial).

As cualificacións de tódalas
probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efecto no curso
académico en que se propoñen.

Consulta e/ou solicitude de
titorías: As docentes teñen oferta de titorías presenciais ou virtuais en
horario concertado. Para concertar unha cita pódese facer desde a Secretaría
Virtual en liña.

Outros: A plataforma de aula
virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e
deshonestos, así como para detectar posibles praxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao
Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas en cumprimento do
artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario que establece o deber de
"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas
probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais
da universidade".

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000