Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Capacitar ao alumnado para a administración e dirección de todo tipo de entidade ou organización deportiva
  CG2 Favorecer o contacto directo co sector deportivo
  CG3 Ofrecer unha visión integradora dos distintos subsistemas que configuran o sistema organización/empresa no sector deportivo
  CG4 Coñecer e comprender a evolución do deporte dende o seu compñente económico-empresarial
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Especializarse na xestión empresarial do sector deportivo, tanto na súa vertente pública como privada
  CE2 Coñecer a importancia do xestor deportivo e o seu amplo abano de ocupación: clubs deportivos, federacións, xinasios, instalacións deportivas, padroados de deportes, empresas privadas, administracións públicas, etc...
  CE3 Ofrecer aos profesionais da xestión deportiva novos métodos de traballo aplicables á súa actividade laboral.
  CE4 Aproveitar os novos desafíos que ofrecen os grandes eventos deportivos como acontecementos de carácter global.
  CE5 Manexar un conxunto variado de métodos de investigación dirixidos a resolver asuntos relativos á xestión do sector deportivo.
  CE6 Adquirir coñecementos sobre os distintos procesos, procedementos e prácticas de xestión empresarial
  CE7 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
  CE8 Posuír coñecementos sobre os aspectos internos, funcións e procesos das organizacións incluíndo a súa natureza, estrutura, goberno, operativa e dirección
  CE9 Coñecer a relación entre a empresa e a súa contorna avaliando a súa repercusión na estratexia, comportamento, xestión e sostenibilidade empresarial
  CE10 Dispoñer de habilidades de xestión e mercadotencia para postos de responsabilidade en institucións deportivas.
  CE11 Identificar os desafios que afrontan na actualidade os xestores e organizadores de eventos deportivos.
  CE12 Adquirir a capacidade de xestionar o deporte e as institucións deportivas nun ambiente global e variado
  CE13 Posuír coñecementos básicos da normativa e a xurisprudencia vencellada ao deporte relacionada coa actividade mercantil e empresarial, así como as consecuencias xurídicas previstas para as distintas condutas delituosas.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Capacidade de traballo nos diferentes contextos do ámbito deportivo de forma autónoma e con iniciativa.
  CT2 Capacidade de traballo en equipo, desenvolvendo habilidades de liderado e de relación interpersoal.
  CT3 Capacidade para traballar en ambientes de presión.
  CT4 Capacidade de aplicar o coñecemento á práctica.
  CT5 Compromiso ético e de responsabilidade social.
  CT6 Habilidades de comunicación verbal e non verbal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000