Obradoiros |
Avaliarase o traballo realizado nas actividades programadas. |
40 |
O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua. Para poder ser avaliado por este sistema hai que asistir polo menos ao 75% das horas de docencia presencial. As datas e horarios das probas de avaliación son os aprobados e están dispoñibles na web da Facultade.
Exame de segunda convocatoria:
Realizarase un exame no mes de xullo para os que non superasen a materia polo sistema de avaliación continua. Neste caso, a cualificación obtida no exame constituirá o 100% da nota. |