Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Formación complementaria

(*)

FORMACIÓN EN IDIOMAS

A fin de que o alumnado acade ao final do Máster un elevado nivel de idiomas realizaranse ao menos as seguintes iniciativas:

  1. Ofrecerase ao longo do ano académico 2009-2010 un curso intensivo de inglés, gratuito para o alumnado do Máster, especialmente deseñado para este colectivo. Para a realización deste curso será necesario un número mínimo de 10 alumnos inscritos e asistentes de forma sostida no tempo.
  1. Fomentarase a realización das prácticas do Máster en empresas estranxeiras, a través das convocatorias públicas existentes ao efecto (Bolsas Leonardo da Vinci, Bolsas Erasmus para prácticas en empresas, etc.).

CÁTEDRA BANCAJA XOVES EMPRENDEDORES - UNIVERSIDADE DE VIGO

A Universidade de Vigo e a entidade financeira Bancaja asinaron recentemente un acordo polo que se creou a Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores da Universidade de Vigo.

O alumnado do Máster é público albo desta Cátedra. Por tanto, obterá proveito preferente das iniciativas e programas patrocinados desde esta.

Como exemplo, a Cátedra Bancaja desenvolverá ao longo do curso 2009-2010 un amplo programa de visitas a empresas, a institucións de referencia e soporte á I+D+i, encontros con empresarios e emprendedores, conferencias, etc. Todas estas actividades son de extremo interese como complemento da docencia do Mestrado en Creación, Dirección e Innovación na Empresa.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000