Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Bolsas e axudas propias do Máster

BOLSAS DE MOBILIDADE

Para a realización das actividades do 4º Módulo formativo do Máster (prácticas e traballo fin de Máster) realizarase unha convocatoria de bolsas propia entre o alumnado do Máster. Para determinar a súa concesión valorarase o Curriculum Vitae dos solicitantes e, de estaren disponíbeis, as cualificacións obtidas nas materias do Máster.

PREMIO AO MELLOR PROXECTO EMPRESARIAL

En colaboración con Caixa Galicia, o Parque Tecnolóxico de Galicia e a Vicerreitoría do Campus de Ourense, convocarase un premio ao mellor proxecto empresarial do alumnado do Máster.

O Parque Tecnolóxico de Galicia colaborará ao longo do curso, mediante o seu gabinete de viabilidade e apoio a emprendedores, oferecendo asesoramento ao alumnado para a elaboración dun proxecto de creación de empresa (esta axuda ofrecerase a todo os alumnos do Máster, tanto se deciden presentarse ao premio como se non).

Caixa Galicia realizará unha achega monetaria a fondo perdido para a posta en marcha da iniciativa empresarial premiada.

A Universidade de Vigo contribuirá pondo a disposición da/o alumna/o premiada/o un espazo no Parque Tecnolóxico de Galicia co mobiliario necesario para desenvolver o seu proxecto empresarial.

Os custos derivados das actividades da posta en marcha do proxecto empresarial que cubrirá a Universidade de Vigo estarán destinadas a financiar a instalación do niño só durante un ano, calquera que sexa a programación, anual ou plurianual, do proxecto.

Os custos derivados das actividades da posta en marcha do proxecto empresarial na Tecnópole que correrán a cargo da Universidade de Vigo corresponden á subvención do 100% do canon de uso das infraestruturas da Tecnópole.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000