Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Prácticas en empresas e institucións

(*)

O cuarto módulo docente (Especialización e traballo fin de Máster) componse dun ciclo de prácticas en empresas ou en organizacións de soporte á investigación e innovación (centros de innovación, centros tecnolóxicos, parque tecnolóxico, etc.) e un traballo fin de Máster. Permitirá que o alumnado aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos nos módulos previos e as competencias xerais asociadas á titulación.

A realización de prácticas por parte dos alumnos, co fin de equilibrar formación teórica e formación práctica, garántese a través da colaboración de cinco empresas punteiras da contorna, a Confederación Empresarial de Ourense, a Asociación Empresarial de San Cibrao das Viñas, o Parque Tecnolóxico de Galicia, e os centros de soporte á investigación e a innovación dependentes da Consellaría de Economía e Industria. Desde a coordinación do Máster, en todo caso, ampliarase o leque de entidades onde poder realizar estas prácticas a fin de seleccionar aquelas empresas e entidades que ofrezan maiores posibilidades de continuidade laboral para o alumnado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000