Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Mobilidade

A mobilidade internacional de profesores/as e estudantes realizarase co apoio da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) e da Conselleira EURES (EURopean Employment Services) da Universidade de Vigo, así como da Responsábel de Relacións Internacionais da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Coa axuda e apoio desas persoas e servizos, promoverase a participación do profesorado e alumnado en convocatorias públicas de mobilidade e cooperación no ámbito internacional.

En concreto, e canto á mobilidade dos estudantes propios, procurarase a súa participación nos seguintes programas:

  • Programa ERASMUS, de mobilidade de estudantes entre universidades europeas.
  • Programa ISEP (International Student Exchange Programme), de mobilidade de estudantes entre Europa e EEUU.
  • Programa de intercambio propio da Universidade de Vigo, de mobilidade de estudantes da Universidade de Vigo a universidades de distintos países do mundo coas cales existe convenio bilateral.
  • Programa europeo de formación profesional LEONARDO DA VINCI, enmarcado no Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) da Unión Europea, para estadías transnacionais de formación en empresas.
  • Programa VULCANUS de prácticas na industria xaponesa, orientado a estudar a variedade de tecnoloxías avanzadas empregadas por empresas xaponesas líderes.
  • Programa INTEGRANTS, de prácticas en empresas de EE.UU. e Canadá.
  • Programa ERASMUS PRÁCTICAS, de prácticas na UE en empresas, centros de formación, centros de investigación ou outras organizacións.
  • Programa ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS.

Moi en especial, apoiarase a participación dos alumnos do Máster nos cinco últimos programas citados, como fórmula para a realización das prácticas do Máster en empresas estranxeiras.

Para dar a coñecer os programas de cooperación citados e outros que podan resultar de interese, así como para difundir as convocatorias correspondentes entre o profesorado e o alumnado do Máster, empregaranse os seguintes sistemas de información:

  • Medios de difusión empregados habitualmente pola Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo (páxina web, envío de e-mails a listas de distribución da Universidade, cartaces, atención personalizada dos técnicos e técnicas da oficina, etc.)
  • Atención personalizada da Conselleira EURES (EURopean Employment Services) da Universidade de Vigo
  • Atención personalizada da Responsábel de Relacións Internacionais da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Información sempre actualizada na páxina web do Máster
  • Envío de e-mails informativos ao alumnado e profesorado
  • Charlas aos alumnos ao longo do curso
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000