Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Acceso e admisión do alumnado

(*)

Admisión e selección de estudantes:

Requisitos xerais 

  1. Para acceder ás ensinanzas oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
  2. Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. Neste caso os aspirantes deberán presentar a correspondente solicitude de equivalencia de título.

Perfís de ingreso

O perfil de alumno/a idóneo/a para realizar este Máster é o dunha persoa capaz de traballar en equipo e de utilizar as tecnoloxías da información, con habilidades comunicativas, coñecedora dos conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, disposta a identificar e desenvolver iniciativas empresariais, a xestionar e administrar unha empresa ou institución pública ou privada, capaz de integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización.

      Colectivo 1:

      licenciados/as en Administración e Dirección de Empresas,

      licenciados/as en Economía,

      enxeñeiras/os Industriais,

      enxeñeiras/os en Organización Industrial

      PRAZAS: 15

       

      Colectivo 2:

      licenciadas/os,

      enxeñeiras/os superiores e técnicas/os,

      arquitectas/os superiores e técnicas/os,

      diplomadas/os,

      graduadas/os

      PRAZAS: 10

      No suposto de que non se cubran ou queden desertas prazas dun colectivo, acumularanse ás do outro colectivo.

       

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000