Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Dirección Estratéxica da Innovación e a Tecnoloxía: Ferramentas para a súa Xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Foros de discusión Cada participante do curso deberá de contribuír como mínimo con tres achegas ao glosario (tres definicións de conceptos, expresións, procesos, etc. relevantes para a materia e tema correspondente) e realizar tamén dous comentarios a definicións incorporadas ao glosario previamente por outros/as compañeiros/as (aclaracións, correccións, ampliacións, críticas, puntualizacións, etc. ás definicións de outros/as).
- Valorarase a oportuna escolla de termos así como a súa definición.
- Valorarase tanto o número de achegas (mínimo 3 por tema) e o número de comentarios a achegas doutros/as compañeiro/as (mínimo dous por tema), como, fundamentalmente, a calidade, rigor e relevancia dos mesmos.
- Así mesmo, valorarase o uso de fontes de información para definir os vocábulos. Neste sentido, é obrigatorio que o alumnado indique sempre as referencias das fontes empregadas.
32
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma 4 traballos ou exercicios prácticos, que versarán arredor de algún caso de innovación ou organización innovadora.
En cada traballo valorarase:
• Precisión e claridade na exposición das ideas principais.
• Orde e coherencia de argumentos.
• Capacidade analítica, de relación, e o sentido crítico.
• Corrección formal.
• Correcto uso das fontes e referencias bibliográficas.
48
Probas de tipo test Proba de seguimento. Necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nesta proba. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua para a convocatoria de xuño.

Para superar a avaliación continua é obrigatoria a realización do 100% dos traballos e probas a realizar na materia. Ademais é preciso obter como mínimo un 5 sobre 10 en cada un dos traballos e probas.

Segunda convocatoria (xullo):

Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota.

Alternativa b) Só para os estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado algún dos traballos ou probas, poderán recuperar os traballos e probas suspendidos na data oficial de xullo establecida para a avaliación da materia.

Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica do curso e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ao alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Observación importante:

Calquera evidencia de probas ou traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000