Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Dirección Estratéxica da Innovación e a Tecnoloxía: Ferramentas para a súa Xestión
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais con utilización de recursos audiovisuais e informáticos, charlas de expertos e presentación de traballos polos alumnos
Foros de discusión Esta actividade consistirá na creación dun glosario colaborativo sobre cada un dos temas da materia.
Cada participante deberá contribuir introducindo termos aos glosarios e comentando os termos introducidos por compañeiros ou compañeiras.
Os obxectivos da actividade son os seguintes:
• Construción colaborativa dun documento sintético que conteña os termos, conceptos e elementos relevantes da disciplina, a fin de que poda ser usado como elemento de referencia básico por parte de todo o grupo.
• Comprensión profunda dos conceptos abstractos e a aplicación dos mesmos.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Encomendarase a realización de catro traballos ou exercicios prácticos, arredor de algún caso de innovación ou organización innovadora real.
Temas sobre os que versará cada traballo:
1. Dirección estratéxica da IT. Ferramentas para a súa Xestión
2. Protección da Innovación
3. Vixilancia tecnolóxica e intelixencia competitiva. Auditorías tecnolóxicas
4. Normalización e certificación da I+D+i
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000