Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Xestión Medioambiental, da Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporativa. Sistemas Integrados de Xestión de Calidade
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Xestión Medioambiental, da Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporativa. Sistemas Integrados de Xestión de Calidade Código O04M006V01204
Titulacion
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
3 OB 1 2c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernandez Gonzalez, Arturo Jose
Correo-e ajfdez@uvigo.es
Profesorado
Fernandez Gonzalez, Arturo Jose
Nogueira Cayetano, Carmen
Prieto Pazos, Sebastián
Sánchez Sánchez, Ignacio
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Nun Máster sobre Creación, Dirección e Innovación na Empresa, necesariamente debe darse un protagonismo relevante a contidos específicos sobre xestión medioambiental, da seguridade e saúde laboral, e da responsabilidade social corporativa, porque:

- Por un lado, innovar sen ter en conta os impactos ambientais, na seguridade e saúde dos traballadores, e na sociedade, conduce, por regra, a un resultado moi efémero. Pode non ser máis do que producir algo de novo, que o mercado, rapidamente, vai rexeitar.

- Por outro lado, os sistemas de xestión baseados en normas internacionais nestes eidos (como a família de normas ISO 14000, de xestión ambiental, a OHSAS 18000, de seguridade e saúde no traballo, ou a SGE 21 ou a SA 8000, de RSC) comportan, en si mesmos, varias compoñentes e metodoloxías, que permiten que o coñecemento xerado no proceso de innovación, se vaia potenciando no ciclo virtuoso do tipo PDCA : Plan; Do; Check; Act, base da mellora continua e destes sistemas. Por este motivo, o coñecemento básico destas normas amplamente coñecidas e implantadas no ámbito empresarial é necesario nun Máster deste nível.

- Finalmente, a integración dos sistemas de xestión é un requisito nos tempos que corren. Actualmente, tras os varios anos dedicados á Calidade Total e á Reenxeñaría, o mundo empresarial presenta unha nova e forte tendencia: a utilización dos Sistemas Integrados de Xestión.
O desenvolvemento da tecnoloxía da información trouxo oportunidades para as empresas se reestruturaren, alén de tornar posíbel a crecente integración de sistemas estruturados para atender aos procesos de negocio e soportar o fluxo de información asociado. Neste escenario, emerxen as filosofías de xestión que procuran integrar informacións provenientes das máis diversas áreas da empresa, como financeira, produción, materiais, vendas, calidade, innovación, xestión medioambiental, responsabilidade social, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000