Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Sistemas Español e Galego de Innovación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos O alumno deberá desenvolver unha idea de proxecto innovador no que contemple os diversos apartados tratados na materia: o consorcio cos diversos participantes que levarán a cabo o proxecto, a estratexia de financiamento do proxecto a través de convocatorias públicas ou fondos privados, a implicación de distintas estruturas de apoio á innovación das que se vai botar man para por en marcha ou executar o proxecto... 80 da cualificación total
Probas de tipo test Realizarase unha proba de seguimento que consistirá nun cuestionario, ou ben de preguntas curtas, ou tipo test para elixir entre catro respostas propostas, entre as cales só unha é a correcta. O cuestionario conterá un máximo de 15 cuestións. 20 da cualificación total
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos disporán de dúas oportunidades de avaliación, que se corresponden coas convocatorias ordinaria (maio-xuño) e extraordinaria (xullo). As datas dos exames fixaranse no calendario académico do máster. O prazo para a entrega dos traballos será o 15 de maio de 2012, para a convocatoria ordinaria, e 30 de xuño de 2012 para a extraordinaria. 


De non aprobar as dúas partes na primeira convocatoria, manterase a cualificación da parte aprobada para a convocatoria extraordinaria.


A asistencia ás sesións presenciais non será obrigatoria. Entenderase que o alumno non se presenta á materia cando non acuda ao examen nin entregue os traballos na data indicada.


Observación: 


Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000