Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Prácticas en Empresas ou Organizacións de Soporte para a Investigación e Innovación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas externas O alumnado realizará as súas prácticas nunha empresa ou nunha organización de soporte á investigación e innovación ao longo do último cuadrimestre académico, unha vez que xa foron impartidos, e superados polo/a alumno/a, os 60 créditos teóricos do Máster.
Procurarase que a duración total da estancia transcorra nun período de 3 meses.
Procedemento de asignación de institucións de prácticas a alumnos:

1º. Ao finalizar o primeiro curso do Máster, os alumnos e alumnas interesados en realizar as prácticas deberán comunicarllo á coordinadora do Máster.
2º. Farase pública a oferta de prácticas para ese curso académico.

3º. As prácticas en empresas e institucións serán asignadas aos estudantes que así o solicitasen. Os criterios de adxudicación atenderán ao perfil fixado pola empresa, ao rendemento académico, e na medida do posíbel, ás preferencias manifestadas polos estudantes.
Cada alumno/a terá asignado un profesor/a titor/a na Universidade e un profesional titor na empresa. Ambos encargaranse da súa supervisión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000