Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Prácticas en Empresas ou Organizacións de Soporte para a Investigación e Innovación
   Contidos
Tema Subtema
Actividades de observación. Nos primeiros días, realizarase un período de aclimatación inicial, a través dunha fase de observación que permitirá ter un coñecemento xeral da organización.

Nese período os alumnos deberán ter adquirido:
a) Un coñecemento da institución ou empresa na que leven a cabo as prácticas e do seu funcionamento. Este coñecemento será froito dunha análise crítica da institución.
b) Unha aprendizaxe do proceso de traballo sistemático na organización.
Período de actuación dirixida O/a alumno/a deberá empezar a colaborar e participar máis activamente na marcha da organización, integrándose en actividades diversas dentro da organización.
Período de actuación autónoma O/a alumno/a deberá participar, decidir (ou mesmo liderar) o deseño, dirección, xestión e/ou comercialización de proxectos na organización.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000