Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Asignaturas
  Prácticas en Empresas o Organizaciones de Soporte para la Investigación y la Innovación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Asignatura Prácticas en Empresas o Organizaciones de Soporte para la Investigación y la Innovación Código O04M006V01112
Titulacion
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
Descriptores Cr.totales Seleccione Curso Cuatrimestre
16 OB 2 1c
Lengua Impartición
Castellano
Gallego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rivo López, Elena
Correo-e rivo@uvigo.es
Profesorado
Gueimonde Canto, Ana Isabel
Rivo López, Elena
Rodríguez López, Nuria
Web http://faitic.uvigo.es
Descripción general (*)O obxectivo xeral desta materia é achegar o estudante á realidade laboral e contribuír a facilitar a súa inserción profesional a través dun período nunha empresa ou nun centro de innovación ou tecnolóxico.

O contido da materia consiste nunha estancia dirixida co fin de realizar tarefas específicas relacionadas co ámbito profesional da xestión empresarial e/ou da concreta xestión da innovación, da tecnoloxía e/ou da calidade.

Esta estancia nunha empresa ou organización de soporte á investigación e innovación (centros de innovación, centros tecnolóxicos, parque tecnolóxico, etc.) proporcionará ao alumno/a unha oportunidade para:
- Adquirir unha experiencia tutelada no ámbito profesional que lle permita desenvolver unha metodoloxía e hábitos de traballo.
- Valorar e avaliar a realidade laboral e profesional.
- Observar as responsabilidades das/os directivos/as e a complexidade da actividade empresarial.
- Identificar as características constitutivas dunha organización.
- Contrastar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos coa práctica empresarial e organizativa (entender as cuestións relativas ás funcións organizativas, ao entorno, á cultura organizativa, á problemática do sector, etc. e vinculalas co coñecemento adquirido).
- Realizar traballos na organización que poñan a proba a súa capacidade crítica e reflexiva.
- Tomar decisións e pór en práctica a capacidade de análise e síntese na resolución de problemas prácticos na organización.
- Analizar e estruturar problemas das organizacións e deseñar solucións.
- Entender as tecnoloxías (existentes e futuras) vencelladas coas organizacións nas que participan e entender o seu impacto para futuros ou novos mercados.
- Vincular a enxeñaría cos coñecementos de xestión empresarial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000