Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Contidos
Tema Subtema
1. Requisitos que debe reunir o tema escollido 1. Debe responder a un problema, necesidade ou oportunidade de negocio relacionado coa creación e/ou dirección de empresas, e/ou coa xestión da innovación, a tecnoloxía e/ou a calidade.
2. Deberá ter unha entidade suficiente, é dicir, o problema a tratar será o suficientemente complexo.
3. É desexábel que o tema escollido garde relación co labor desenvolvido ou problemáticas abordadas durante o período de prácticas, a fin de obter as maiores sinerxías e aproveitamento de ambas actividades do Máster. Se ben a orientación do Máster é eminentemente profesionalizadora, pode acontecer que o traballo asignado ao alumnado no período de prácticas tivese un carácter máis académico-investigador do que estritamente profesional, sobre todo cando as prácticas se realicen en centros de innovación e tecnolóxicos do sistema galego de innovación, dada a diversidade de necesidades de recursos humanos destes centros (sinalada no INCITE). Esa especificidade será contemplada no tipo de proxecto de Máster e nos seus procesos de avaliación.
2. Contidos básicos a desenvolver 1. Definición do problema ou obxecto de investigación
2. Estruturación do traballo
3. Análise bibliográfica
4. Desenvolvemento experimental, empregando fontes de datos secundarias e primarias
5. Análise e interpretación de resultados
6. Redacción e presentación do traballo con criterios académicos no que atinxe a liguaxe, citas, referencias bibliográficas, etc.
7. Exposición e defensa oral do traballo
8. Desde o punto de vista formal o traballo deberá incluír un índice paxinado, unha sinopse e as referencias bibliográficas. As táboas, cadros e gráficos deben ir correctamente titulados e referenciados. O Traballo debe incluír unha portada de presentación indicando o nome do autor, o titulo da mesma, o nome do/s titor/es e o nome do programa de Máster. Debe estar mecanografada con marxes razoábeis, e impresa polas dúas caras.
3. Procedemento a seguir para a asignación de tema e titor Existirán dúas posibles alternativas para a escolla do tema do Traballo Fin de Máster:

A. OPCIÓN A - Alumnado que opte por realizar un traballo fin de máster INCLUIDO NA LISTAXE PROPOSTA na guía docente da materia: O/A alumno/a empregará o Formulario TFM 01 para transmitir a súa proposta á coordinación do Máster. Poderá haber dúas posibilidades:

a. O tema está asociado ás prácticas que o/a alumno/a realiza na empresa ou institución: O alumnado que realice prácticas en empresas e institucións proporá á entidade de prácticas a realización dun traballo sobre a propia empresa ou sobre o sector no que se atopa.
Neste caso a institución debe aceptar a realización de dito traballo e o a/o alumna/o deberá comunicalo á coordinación do Máster no formulario mencionado.

b. O tema non está vinculado ás prácticas: Cada alumna/o deberá escoller tres temas, priorizados, entre os propostos na listaxe “Propostas de temas e titores”. En caso de que varias persoas soliciten un mesmo tema, a asignación farase por nota media de expediente do Máster.

B. OPCIÓN B - Alumnado que opte por realizar un traballo fin de máster NON INCLUÍDO na listaxe proposta na guía docente da materia: O/A alumno/a empregará o Formulario TFM 02 para transmitir a súa proposta á coordinación do Máster. Poderá haber dúas posibilidades:

a. O tema está asociado ás prácticas que o/a alumno/a realiza na empresa ou institución: O alumnado que realice prácticas en empresas e institucións proporá á entidade de prácticas a realización dun traballo sobre a propia empresa ou sobre o sector no que se atopa.
Neste caso a institución debe aceptar a realización de dito traballo e o a/o alumna/o deberá comunicalo á coordinación do Máster no formulario mencionado.

b. O tema non está vinculado ás prácticas: O alumno ou alumna poderá solicitar a realización dun proxecto diferente non incluído na listaxe de temas propostos. A Comisión Académica do Máster valorará o interese, utilidade e viabilidade do estudo proposto e en consecuencia decidirá sobre a admisión da proposta.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000