Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Habilidades Directivas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Habilidades Directivas Código O04M006V01107
Titulación
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Molinos Casal, Juan José
Correo-e juanjo.molinos@uvigo.es
Profesorado
Gomez Carnero, Susana
Molinos Casal, Juan José
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral A creación e dirección, así como a xestión da innovación, tanto de empresas como de outras institucións/organizacións públicas e privadas, require profesionais cualificados que presenten un amplo conxunto de habilidades que lles permita desenvolver o seu traballo con éxito.

Esta cualificación obtense cun conxunto de materias que aportan os coñecementos específicos e as habilidades propias da dirección e outras de natureza instrumental.

Máis concretamente, a materia pretende familiarizar e adestrar aos alumnos en recursos e estratexias que faciliten o desenvolvemento do labor directivo optimizando o rendemento orientado á consecución do obxectivo en función da organización.

O constante cambio ao que se encontra sometida a actividade empresarial esixe a os seus profesionais a adaptación continua a este complexo panorama e para iso nada mellor que botar man das habilidades directivas, que axudarán ao alumno a mellorar a comunicación, a xestión de equipos ou a tomar decisións ante situacións complexas e conflitivas, favorecendo así unha imaxe de autoeficacia e satisfacción persoal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000