Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Economía de Redes: a Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Resolución de exercicios a través de TIC relacionados coa elaboración dun DAFO propio sobre a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, aplicado ao modelo de negocio escollido polo alumnado 80
Probas de tipo test Resolución dun cuestionario de respostas múltiples, a través da plataforma de teledocencia, sobre o DAFO da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Traballos e outras actividades:






Entrega durante o período de clases presenciais. Día límite de entrega:  15 días despois da última sesión presencial




Para a primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar unha análise DAFO da Eurorrexión Galícia-Norte de Portugal contando, como punto de partida, coa documentación que estará dispoñible na plataforma FAITIC.


Segunda convocatoria: Na segunda convocatoria, o alumnado deberá corrixir, emendar e completar os exercicios e probas propostos para a primeira convocatoria ou resolver exercicios e/ou problemas novos. Neste último caso, o alumnado deberá realizar un ensaio, non superior, as 6.000 palabras, sobre as redes de cooperación empresarial na fronteira hispano-lusa.


Observación: Calquera evidencia de traballos plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000