Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa
 Materias
  Temas Avanzados en Control de Xestión
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Cada unha das sesións terá como obxecto o estudo dun dos cinco bloques temáticos e en cada unha das sesións levaráse a cabo unha explicación teórica dos fundamentos e conceptos xerais, co apoio das transparencias, que non deberá exceder os 60 minutos de duración
Resolución de problemas e/ou exercicios De seguido a esta introdución, imprescindible para iniciarse na análise posterior, o resto da sesión desenvolverase a través da análise de casos prácticos especialmente deseñados para a discusión entre os participantes e o profesor e para analizar as cuestións relacionadas coa problemática formulada. O traballo do alumnado organizarase en grupos que discutirán e analizarán previamente o caso, para a continuación, dun xeito activo, propór ao resto dos alumnos da aula as súas conclusións.
Obradoiros En 2/3 das sesións asisitirá un profesional implicado nun departamento de control de xestión dunha empresa para que explique a sua experiencia no ámbito específico obxecto de estudo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000