Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IIIC: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Estas probas serán orais e escritas. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen a redacción de breves textos e a preparación de presentacións orais sobre aspecto do sector, especialmente de "Landeskunde". 20
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É condición obrigatoria para ser avaliado/a de forma continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia inferior, que deberánn ser comunicados ao profesorado canto antes.


A práctica de laboratorio (40%) consiste nunha participación activa en todas as actividades que se desenvolven en clase - e a súa adecuada preparación en casa - con atención especial á produción oral.
A resolución de problemas/exercicios (20%) consiste tanto na redacción de breves textos como presentacións orais adaptados ao nivel de aprendizaxe do alumnado sobre aspectos relacionados co sector turístico, especialmente de "Landeskunde".
O exame de preguntas obxectivas (40%) consiste en avaliar as competencias adquiridas en clase incluida a comprensión oral mediante un exame escrito. Este control final realízase na última sesión do cuadrimestre e é necesario obter como mínimo un 5 para facer a media coas outras partes e aprobar a avaliación continua.

No caso de optar pola avaliación global é necesario comunicalo ao profesorado entre o 11 de setembro e o 11 de outubro.O 100% da nota é a obtida no exame final.

O mesmo sistema aplícase na segunda convocatoria (xullo).

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual.

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000