Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de entidades turísticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 20
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 10
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección única, elección múltiple, emparellamento de elementos...). 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: A realización das actividades dependerá en gran medida do
número de alumnos, medios para traballo en grupo, etc. Estas probas de
avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas
polas alumnas e alumnos nas sesións presenciais  nas que se valorará a
correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluir a resolución
de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo,
realización  e exposición oral de traballos dalgúns temas acordado coa profesora. Neste bloque presencial tense en conta a participación e
creatividade do alumnado.

- Para seguir a Avaliación Continua é obrigatorio presentarse ós exames parciais da materia, e ter un mínimo de asistencia dun 80% ás clases prácticas. As prácticas que conleven facer presentacións na aula só serán avaliadas se o alumno ou alumna as presenta e defende na aula, a menos que exista unha xustificación da súa ausencia na aula nese día co cal se computaría a práctica entregada igualmente por a plataforma.

- O prazo para mudar de avaliación continua a Global será do 29 de xaneiro a 29 de febreiro, comunicándoo á profesora neste prazo.

- Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación. 

- Contémplase a realización de tres
exames parciais da materia, o que se anunciaría  nas clases e a través da
plataforma de teledocencia. No caso de seguir o sistema de avaliación continua
e non superar os dous primeiros parciais, os estudantes van con toda a materia
ó exame final.

Os exames parciais constan de dúas
partes teoría e práctica, e deben aprobarse as dúas partes para eliminar a
materia correspondente cunha nota mímima de 5 puntos.

 - As notas das actividades de
avaliación continua gárdanse ata a 2ª convocatoria oficial de xullo.

 - En todos os exames será
obrigatorio identificarse de forma oficial (DNI, pasaporte) e esta prohibido o
uso de dispositivos móbiles, smartphone ou calquera outro dispositivo electrónico,
mesmo cando estean apagado ou en repouso. Incumprir estas dúas condicións
invalida a convocatoria para o cal este concorrendo.  

- No caso de que un alumno sexa collido copiando nun exame parcial será motivo de pérdida da avaliación continua e a nota do exame será 0. 

- Datas e horarios de probas de
avaliación de diferentes chamadas especifícanse no programa de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. No caso de
conflicto ou disparidade entre as datas das probas prevaleceran as sinaladas na
web da FCETOU. 

 

AVALIACIÓN NON CONTINUA: Exame final que incluirá contidos teóricos e /ou
prácticos mediante preguntas que poden ser tipo test, curtas, de
desenvolvemento ou estudios de casos. 

Consta duha parte teórica que
representa o 50% da nota e unha parte práctica que é o outro 50% da nota, e
deben superarse as dúas partes. Esta proba é destinada a avaliar a comprensión
dos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota e avaliar así
tanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e o uso
gramatical e ortográfico correcto.

 - No caso de que un alumno sexa collido copiando no exame final será motivo de suspender esa convocatoria e a nota global do exame será 0. 

Para Avaliación continua e non
continua:

 - As características concretas
do exame final, tanto na avaliación continua como na non continua, serán
detalladas por parte da coordinadora da materia (na clase e a través da
plataforma de teledocencia), con anticipación ó mesmo.

  - Os estudantes para aprobar
a materia deben obter unha nota igual ou superior a 5 puntos, sendo obrigatorio
en tódolos casos superar o exame final ou os tres parciais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000