Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía humana
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecemento dos conceptos fundamentais da Xeografía Física, a Xeografía Humana e a Análise Xeográfica, integrados no proceso de desenvolvemento do campo disciplinar da Xeografía
Comprensión dos fenómenos xeográficos como manifestación de relacións complexas entre variables físicas, humanas e socioeconómicas
Toma de conciencia sobre as achegas da ciencia xeográfica no ámbito académico e social, manifestada a través dun razoamento crítico que incida en aspectos ambientais e culturais
Coñecemento e capacitación para a selección, manexo e tratamento da información e datos xeográficos nun contexto disciplinar e multidisciplinar
Habilidade para a realización de traballo, utilizando técnicas de carácter cualitativo e cuantitativo, e posta en valor para a diversidade e benestar social
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000