Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Sistemas de representación xeográfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Avaliación de coñecementos e competencias con una serie de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamiento, selección).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas; Coñecemento e análise dos principais sistemas xeográficos de representación gráfica e cartográfica, amosando capacidade para establecer os seus requisitos de uso en diversos contextos.
30
Práctica de laboratorio Avaliación de coñecementos e competencias mediante a execución de un suposto práctico.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas; Coñecemento e análise dos principais sistemas xeográficos de representación gráfica e cartográfica, amosando capacidade para establecer os seus requisitos de uso en diversos contextos
20
Traballo Avaliación dos traballos tutelados pola súa organización, metodoloxía, resultados, presentación e defensa (inclúe traballo autónomo nas TIC).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Habilidade en realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio; Capacidade para elaborar e comunicar resultados de traballos aplicados, coidando a calidade, e xerando aportacións significativas.
40
Observación sistemática Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula e na plataforma de teledocencia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e análise dos principais sistemas xeográficos de representación gráfica e cartográfica, amosando capacidade para establecer os seus requisitos de uso en diversos contextos. Capacidade para elaborar e comunicar resultados de traballos aplicados, coidando a calidade, e xerando aportacións significativas.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar una
calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. En caso de non
acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a
Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial:
Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que
se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do
Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que
permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e
a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos
como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a
través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados
cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras
alleas, dándoas comopropias" (dle-rae).

Para todo o
alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de
avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a
través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a
modalidade de “avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado
responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada
cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo, do 2023). O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global
será avaliado do programa da materia mediante una proba teórica (40%) e un
traballo obrigatorio a consensuar co profesorado (60%)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000