Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia: Mundo actual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
Para superar á materia, débese obter neste apartado unha puntuación mínima de 1,5 e máxima de 3 puntos.
30
Seminario Selección, presentación, analise e crítica dos materias trabajados e capacidades para fomentar o debate, a discusión e a participación.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia da integración europea
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
Elaboración de traballos básicos e de iniciación
Para superar á materia, débese obter neste apartado unha puntuación mínima de 0,75 e máxima de 1,5 puntos.
15
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia da integración europea
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado
Elaboración de traballos básicos e de iniciación
Para superar á materia, débese obter neste apartado unha puntuación mínima de 0,25 e máxima de 0,5 puntos.
5
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación que incluirán tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, composición de textos, mapas e gráficas.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia da integración europea
Para superar á materia, débese obter neste apartado unha puntuación mínima de 2 e máxima de 4 puntos.
40
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, resultado da asistencia, participación continua e activa a través da realización de todas as actividades que conforman á materia (incluindo os foros); que se traducen na presentación de tarefas establecidas nas sesións teóricas e prácticas, seminarios, titorías e outras actividades.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado
deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a
avaliación continua. Así mesmo, deberá acudir e realizar as probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e, no seu caso, o
seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto
(enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial
poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de
teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos
materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos
resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A
utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi
deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera
proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como
propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi
as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de
entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento
individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a
partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de
acceso, realización de probas ou exercicios en liña, participación en foros, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). O alumnado que non poida acollerse á avaliación
continua, e o comunique no prazo fixado, examinarase de todo o programa da
materia, o cal deberá preparar a partir da bibliografía básica sinalada, mediante
unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e do resto das actividades
prácticas fixadas no curso, que suporán en conxunto un 30% da nota. Todas estas
probas, no caso de que así o requiran, deberán estar asignadas, como mínimo, un
mes antes da realización do exame oficial de cada convocatoria ou oportunidade e
entregaranse non máis aló da data de realización do mesmo en cada una destas.
En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado
art. 19.4), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima
de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como en cada unha das probas que
conforman a parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000