Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xestión de restauración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Consiste na resolución de exercicios e de traballos ben de forma individual ou en grupo 15
Traballo tutelado Realización de exercicios e casos na propia aula 15
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 10
Exame de preguntas obxectivas Proba de tipo mixto que pode incluir preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta ,preguntas de resposta corta e unha parte práctica de exercicios e problemas.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 AVALIACIÓN CONTINUA:

A planificación da materia supón a aplicación dun sistema de avaliación continua (asistencia mínima do 80%). Polo que a cualificación final obterase da avaliación dos traballos de aula nos Gms, a presentación dun traballo e a realización de dúas probas parciais eliminatorias ao longo do cuadrimestre. 

É necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 nas probas parciais para superalas e se algún exame parcial é cualificado con nota inferior a 4, poderá presentarse con ese parcial na data fixada para o exame final.

 As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola xunta de centro para o curso presente. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na paxina web da fcetou.

 Segunda convocatoria: a nota correspondente aos traballos de aula  e presentación conservarase durante un curso académico, convocatorias de xuño e xullo. 

Esta guía docente
anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na  materia , pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma utilizada para a difusión desta información.

AVALIACIÓN NON CONTINUA

 Os alumnos e alumnas que non sigan avaliación continua. deberán solicitar a avaliación global no primeiro mes de docencia, realizarán un exame final teórico-practico sobre todos os contidos da materia que representará o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000