Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IVB: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20
Práctica de laboratorio Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia 40
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20
Traballo Os alumnos deberán realizar un oral. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira convocatoria os alumnos deberán asistir a
clase para beneficiarse da avaliación contínua (con máis de 3 faltas
sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consistirá
na recollida de tarefas e actividades de clase ou casa (40%), 1
control ao finalizar o cuatrimestre (40%, mínimo 5) e entregar un glosario (20%). Para a avaliación contínua, será necesario comprar o
método de lingua que se utiliza en clase e traelo a diario.

Aqueles alumnos que non superen a materia durante o
curso terán que presentarse ao exame final escrito (80%, mínimo un 5) e
entregar un glosariol (20%). Tamén poderán presentarse ao examen final
aqueles alumnos que desexen subir nota.

Na segunda
convocatoria os alumnos deberán realizar un exame
final  da materia (80%, mínimo un 5) e entregar un glosario (20%).

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000