Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia medieval da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación continua do traballo autonomo do alumnado mediante a realización e presentación de tarefas propostas na plataforma MooVi.
Con elo dará conta dos seguintes resultados da aprendizaxe:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica
10
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación mediante unha proba ao rematar as sesións teóricas con preguntas abertas a desenvolver sobre temas ou cuestións da materia. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica. Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada. 30
Traballo Avaliaranse os coñecementos teóricos adquiridos polo alumnado na realización e estructuración do traballo así como a súa capacidade de exposición. Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individiuais ou colectivos, baseados en bibliografía específica.
Compromiso coa ética e responsablilidade social como cidadán e profesional.
30
Exame de preguntas obxectivas Avaliación mediante unha proba de preguntas curtas. Con elo se dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe: Coñecemento dos conceptos principais da Historia de Península Ibérica. Coñecemento da Historia da Península Ibérica nunha perspectiva comparada. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as
probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase
a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma MooVi (UVigo) e
correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non
presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir amateria a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e será cualificada cun cero calquera proba ou exame no que se"copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). 

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo).

Aqueles alumnos/as que non se acollan á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e formadas tarefas propostas), serán avaliados dos contidos da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo,un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a súa realización en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción no mencionado art. 3.10); para superar a materia requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000