Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte medieval
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Os seminarios sobre aspectos patrimoniais relativos á materia serán avaliados tendo en conta a intervención do alumno nos debates e a entrega dunha memoria da actividade a través da plataforma Moodle.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Facer a lectura das obras de arte como documento excepcional do pasado.
10
Traballo Os traballos tutelados serán avaliados unha vez expostos na aula, e entregados na Plataforma Moodle.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Interpretación das obras de arte no período de estudo desde unha perspectiva metodolóxica múltiple.
20
Exame de preguntas de desenvolvemento A sesión maxistral será avaliada mediante unha proba escrita de resposta longa. Para superar a materia, é necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 3 puntos (sobre os 6 do total).
Con elo o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecer as manifestacións artísticas medievais como resultado dun complexo proceso.
60
Observación sistemática En todas as actividades e probas que conforman a programación valorarase o traballo autónomo do alumnado en foros, debates, etc.
Con elo o alumno dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Aplicar os coñecementos e demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos a resolución de problemas.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledoncencia Moovi, da Universidade de Vigo, que permitirán acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Se especificarán as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguemento individualizado da participación do alumno a través da TIC será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc..). 

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). 

A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a dispor como alternativa de probas de avaliación global (artigo 64.g dos Estatutos da Universidade de
Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á modalidade presencial serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% desta.Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a ser avaliados mediante un exame final (Artigo 12 do Regulamento de Estudantes da Universidade de Vigo). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000