Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Teoría e método da arqueoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Os contidos expostos nas sesións maxistrais serán avaliados mediante unha proba escrita de resposta curta (exame tipo test).
Haberá dous exames parciais amáis do exame final de cada convocatoria.
Avaliación dos resultados da aprendizaxe "Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado" e "Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico"
50
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas As prácticas de laboratorio serán avaliadas mediante a entrega dun relatorio ou memoria de prácticas. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, incluíndo especialmente os resultados dos exercicios prácticos realizados.
Avaliación dos resultados da aprendizaxe "Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado" e "Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico"
30
Estudo de casos Actividades en grupo reducido sobre temas específicos e concretos serán avaliadas mediante a entrega de exercicios (comentarios de texto, análises estratigráficas, etc).
Avaliación dos resultados da aprendizaxe "Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado" e "Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico"
10
Observación sistemática Participación activa nas clases teóricas e prácticas, tanto sexa na modalidade presencial como na semipresencial (seguimento da materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle).
Avaliación dos resultados da aprendizaxe "Formación para interpretar adecuadamente as sociedades do pasado" e "Emprego correcto dos conceptos, terminoloxía e métodos de análise e interpretación das sociedades preestatais e do cambio histórico"
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moodle, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a traveso das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado
a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados
cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras
alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Todas as sesións de lección maxistral do profesor e de exposicións/presentacións dos alumnos serán gravadas en video. Estas gravacións quedarán a libre disposición dos alumnos a través da plataforma Moodle, onde poderán visualizalas asíncronamente no momento que estimen oportuno.

O estudante deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Asimesmo deberá acudir ás probas que o docente dispoña como imprescindibles.

Todo o alumnado ten dereito a ser avaliado mediante unha proba de avaliación final, consistente nun exame dos contidos da sesión maxistral (50%), nunha proba de estudo de caso (10%) e mais na entrega dun relatorio/memoria de prácticas (30%) ou ben traballo alternativo equivalente a acordar co profesor. Tamén se contabilizará a asistencia ás clases e actividades prácticas (10%), tanto sexa no modo presencial como semipresencial.  

Para aprobar a materia (e facer media ponderada coa avaliación das prácticas) é preciso obter no exame unha nota igual ou superior ós 4 puntos. Tamén será preciso ter presentado alomenos un tercio das actividades prácticas.

Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000