Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia contemporánea universal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación
15
Seminario Selección, presentación, análise e crítica dos materiais traballados e capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia europea nunha perspectiva comparada.
10
Resolución de problemas de forma autónoma Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos indicados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias.
Coñecemento da Historia europea nunha perspectiva comparada.
5
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos teóricos da materia, a estruturación de ideas e a precisión e claridade expositiva a través de dúas probas de avaliación correspondentes, cadansúa, a cada un dos dous grandes temas-bloque do programa e que incluirán tanto probas de contido teórico como comentarios de textos, mapas e gráficas. Para superar a materia será preciso acadar, en ambas as dúas probas, unha cualificación de cando menos 5 puntos.
Os resultados de aprendizaje avalados son: Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia
Coñecemento dos procesos históricos, as súas causas, desenvolvemento e consecuencias,
Coñecemento da Historia europea nunha perspectiva comparada.
60
Observación sistemática Avaliación continua do traballo autónomo do alumnado, a través da realización das actividades e probas que conforman a programación da materia.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Elaboración de traballos básicos e de iniciación.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Todos os estudantes matriculados na materia teñen dereito a disponer como alternativa de pruebas de evaluación global (artículo 64.g de los Estatutos da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación continua examinaranse de todo o programa da materia, o cal deberán preparar a partir da bibliografía básica sinalada. Asemade, deberán realizar obrigatoriamente un traballo práctico que implique o manexo dunha fonte histórica propia da materia, o cal será comunicado ao profesor responsable con anterioridade ao remate das sesións presenciais e entregado na data do exame final. Este último suporá o 70% da nota final e o traballo práctico o 30%. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción polo mencionado art. 12), para superar a materia, requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto na parte teórica como na parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000