Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Mercadotecnia turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Entregaranse casos e exercicios que haberá que resolver 40
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test 35
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas curtas achega do temario 25
Cartafol/dossier Realización dun cartafol coas aprendizaxes derivadas da experiencia de ApS. Consiste na recompilación do traballo do/a estudante no que amosa os seus esforzos, progresos e logros. A recompilación debe incluír contidos elexidos polo alumno/a, os criterios de selección e efidencias de autoreflexión. 20
Observación sistemática Percepcion atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado participante en ApS 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía esta pensada para o seguimento da materia en
avaliación continua. A concreción das actividades a realizar dependerá
en gran medida do número de estudantes e os medios para traballar en
grupo. Indícanse dous percursos excluintes en función de que o alumnado participe no programa de ApS ou non (alumnado xeral).

====ALUMNADO XERAL====

Na avaliación continua a nota final será o resultado de:
a) Realización de varios exercicios/casos prácticos individuais e/ou en grupo. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral dun caso. Esta nota pondera un 40% na calificación final sempre que sexa superior ou igual a 5 puntos sobre 10.
b) Un exame ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos alcanzados (60%)
c) É necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 no exame para poder compensala nota coa de avaliación continua e superar a materia.

====ALUMNADO QUE PARTICIPE NO ApS====

Na avaliación continua a nota final será o resultado de:

a)
Realización dun Cartafol/dossier de aprendizaxe e observación sistemática por parte da docente. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral.
Esta nota pondera un 40% na calificación final sempre que sexa superior
ou igual a 5 puntos sobre 10.

b) Un exame ao finalizar a materia no que se medirán os coñecementos teóricos alcanzados (60%)

c) É necesario alcanzar un mínimo dun 4.5 no exame para poder compensala nota coa de avaliación continua e superar a materia.

======

Avaliación ordinaria: Seguirán este proceso os estudantes que non sigan a avaliación continua ou aqueles que seguíndoa non alcancen os mínimos establecidos (nota >=5). Neste caso, o exame consistirá nunha proba na que se exporán preguntas teóricas (60%) e outra na que haberá un caso práctico (40%).

As cualificacións de todas as probas, parciais ou finais, prácticas e actividades só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas.

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000