Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
PCEO Grao en Turismo/Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Economía aplicada ao turismo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Consistirán na realización de probas sobre os contidos das sesións Maxistrais, Prácticas de Laboratorio, Lecturas, Debates e demais exercicios complementarios propostos. 50
Resolución de problemas e/ou exercicios Consistirán na realización de tarefas vencelladas coas prácticas que se indicarán ao longo do curso e que o alumnado deberá realizar de forma autonóma con base aos materiais dispoñibles e os contidos explicados nas clases. 30
Estudo de casos Consistirán na análise dalgún caso ou problema real baseado nos coñecementos impartidos na materia, que o alumando deberá redactar, entregar, e se é posible, presentar e defender na aula ou de forma virtual. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas posibilidades de avaliación:

A) A avaliación da materia será continua. O alumnado que supere a materia mediante avaliación continua non precisará presentarse ó exame final da materia. É preciso presentarse a todas as probas avaliables para ter a posibilidade de ser avaliado/a mediante avaliación continua. As actividades avaliables non entregadas non impiden ser avaliado/a por avaliación continua pero conlevan unha nota de cero para estas entregas. Poderá establecerse unha nota mínima en cada unha das probas para realizar a ponderación e cálculo da nota final de avaliación continua. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se presente a algunha das dúas probas de avaliación (exames de preguntas obxectivas).

B) Cando non proceda a avaliación continua (por que o alumno así o teña decidido ou por non ter superado a avaliación continua) realizarase un exame final, que poderá incluír preguntas de tipo test e de resposta curta/problemas sobre o contido das clases maxistrais, das prácticas de aula informática, das lecturas e debates e demais exercicios e tarefas do curso. Neste caso a nota da parte test do exame constituirá o 60% da nota final e a parte de resposta curta o 40%. Poderá esixirse unha nota mínima en cada parte de cara ao cálculo da nota final.

O exame correspondente á segunda e posteriores convocatorias seguirá o mesmo modelo que o exame final (opción B).

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin realicen o exame final, figurarán nas actas como non presentados. O alumnado que suspenda a avaliación continua e non se presenten ó exame final, figurará nas actas como suspenso. O alumnado que aprobe a avaliación continua e desexe subir nota, poderá presentarse ó exame final (nese caso a nota do exame final sustituirá a todos os efectos á nota obtida mediante avaliación continua).

As datas e horarios das probas de
avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de
probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2022-2023. En
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as
sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000