Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Aspectos legais de TICs
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación activa do alumnado a través do diálogo, a consulta e/ou o comentario. 10
Estudo de casos/análises de situacións Terase e conta a formulación e corrección dos comentarios, interpretacións e razonamentos que se poñan de manifesto no desenvolvemento dos casos prácticos ou exercicios, que versarán sobre os aspectos legais das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, e poderán ser eventualmente recollidos polo profesor. 30
Titoría en grupo Nas titorías en grupo, valorarase a participación na resolución e posta en común daqueles supostos ou temas de especial interese ou dificultade, así como os comentarios e dúbidas que se presenten sobre os mesmos. 10
Probas de resposta curta Todo o alumnado, con independencia do sistema que adopte (avaliación continua ou non), deberá realizar unha proba obxectiva, sobre os contidos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Sistema de avaliación continua: presupón a ASISTENCIA ACTIVA ás sesións presenciais  (mínimo dun 80%, das sesións maxistrais e das clases prácticas e titorías en grupo), que representa o 10% da cualificación global, así como a participación regular nas ACTIVIDADES E EXERCICIOS realizados nas sesións presenciais, constatable pola entrega de todos os que eventualmente sexan recollidos polo profesor, o que representará o 40% da cualificación global. O 50% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que terá unha única parte teórica para quenes superaran a avaliación continua satisfactoriamente.


B) Quenes non se acollan ao sistema de avaliación continua ou non superen satisfactoriamente a mesma: serán avaliados en base a unha única PROBA FINAL que representa o 100% da cualificación global, con parte teórica (60% da cualificación total) e práctica (40% da cualificación total).


Así pois, a proba final constará de dúas partes:


*Parte teórica: obrigatoria para todo o alumnado, con independencia do sistema de avaliación que se siga, en todas as convocatorias.


*Parte práctica: que deberá superarse de forma independente, e terán que realizar aquelas persoas que non superaran satisfactoriamente a avaliación continua, ou decidiran non acollerse a tal sistema.


Non terán que realizar a parte práctica, nin na primeira nin na segunda convocatoria, quenes superasen satisfactoriamente a avaliación continuada.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000