Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Aspectos legais de TICs
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, as súas bases teóricas xerais. As sesións maxistrais deben complementarse co traballo autónomo do alumnado, mediante o estudo polo miúdo dos aspectos introducidos nas sesións presenciais. Para iso, facilitaranse materiais, ou daranse as correspondentes indicacións bibliográficas e de lexislación concretas.
Estudo de casos/análises de situacións Presentaranse problemas, supostos ou casos prácticos, para analizalos, razoalos, interpretalos e resolvelos xurídicamente. Así, o alumnado poderá adquirir e completar coñecementos, así como adestrarse no manexo das normas e institucións xurídicas aplicables.
Titoría en grupo Desenvolverase a través de entrevistas que o/a alumno/a manterá co profesor para asesoramento ou desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe, e a posta en común das cuestions ou problemas que vaian xurdindo no desenvolvemento da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000