Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Ténicas econométricas para a xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación neste contexto pode consistir na entrega de exercicios resoltos, exposición de exercicios na pizarra, traballos, etc. 10
Prácticas de laboratorio A avaliación neste contexto pode consistir na entrega de supostos resoltos, exposición de supostos no laboratorio, traballos, etc. 30
Probas de tipo test Exame escrito: haberá un exame parcial, no medio do curso, e un exame final que se realizará en xaneiro, na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da parte do programa non cuberta polo exame parcial. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª convocatoria, a nota final da materia constará de dous partes. Por unha banda, un exame escrito que valerá ata un 60% da nota (6 puntos); e doutra banda, a avaliación continua que pesará ata un 40% na nota final (4 puntos).

Exame escrito (Ata 6 puntos): haberá un exame parcial de aproximadamente a primeira metade da materia, e un exame final que se realizará en xaneiro, na data oficial establecida no calendario de exames. Os alumnos que superen o exame parcial só terán que examinarse no exame final da parte do programa non cuberta polo exame parcial. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final. A nota obterase como a media das dúas partes da materia ou, en caso de suspender o exame parcial, como a nota do exame final.

Avaliación continua (ata 4 puntos): o 40% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que pode incluir a exposición de exercicios na pizarra, a entrega de exercicios ou supostos resoltos, a exposición de supostos no laboratorio, traballos, etc. Se considerará que o estudante se somete á avaliación continua se participa nalgunha das actividades evaluables que a compoñen.

Os alumnos que obteñan unha puntuación inferior a 5 puntos na nota global da 1ª convocatoria deberán presentarse na 2ª convocatoria para superar a materia. Neste caso, na 2ª convocatoria o alumno deberá realizar un exame final cando suceda algunha das dúas circunstancias ou ambas:

a) Cando no exame escrito realizado na 1ª convocatoria a puntuación sexa inferior a 3 puntos dos 6 máximos posibles. Neste caso o estudante deberá realizar un exame escrito que ponderará un 60% da nota total.

b) Cando na parte da avaliación continua da 1ª convocatoria a puntuación  sexa inferior a 2 puntos dos 4 máximos posibles, ou no caso de que o alumno non se sometera a esta avaliación. Neste caso, o estudante deberá realizar un exame cunha ponderación do 40% na nota total.

Na 2ª convocatoria se conservará a nota da parte da materia (exame escrito ou avaliación continua) que o alumno tivera superada na 1ª convocatoria.

NOTA IMPORTANTE: Tanto en 1ª como 2ª convocatoria, para superar a materia o estudante deberá obter polo menos un tercio da puntuación máxima no exame escrito (2 puntos sobre un máximo de 6 puntos).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000