Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Historia: Historia económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40%
Probas de resposta curta Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia en respostas de desenvolvemento breve. 40%
Traballos e proxectos Presentación oral, por un membro do grupo seleccionado aleatoriamente polo profesor, dos traballos realizados polo equipo. A avaliación realizarase por equipos, non individualmente. 10%
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno debe realizar unha serie de exercicios (problemas, comentario e análise de gráficos, series estatísticas, e/ou texto, resolver cuestións sobre os textos) nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial. 10%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas instancias de avaliación: a participación nos seminarios/traballos da aula e o exame final. A participación nos seminarios e os traballos da aula corresponde a un 20% da avaliación total da materia e o exame final a un 80%.


a) Participación nos seminarios e traballos de aula. Tanto a preparación dos seminarios e traballos de aula (tarefas de preparación) como a asistencia e a participación nos mesmos é fundamental para acadar as aprendizaxes esperadas e, consecuentemente, conseguir bos resultados. A avaliación dos seminarios e grupos de aula corresponderá á presentación oral dos resultados do traballo de preparación efectuado polo equipo. A avaliación realizarase por equipos, non individualmente. Para estes efectos, o profesor designará de xeito aleatorio un voceiro.


b) Proba obxectiva. A proba obxectiva constará de dúas partes: a primeira con preguntas de resposta múltiple (40% da cualificación) e a segunda con dúas preguntas de desenvolvemento breve (40% da cualificación); en ambos os casos serán preguntas sobre o temario da materia. Para aprobar o exame final é imprescindible aprobar cada unha das súas partes.


Cualificación numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente.


Segunda opción para o alumno que non se someta o proceso de avaliación continua ou non supere a mesma: Exame final de toda a materia que representará o 100% da nota. Esta proba obxectiva constará de dúas partes: na primeira formularanse preguntas test e na segunda preguntas de desenvolvemento breve. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar cada unha das partes.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000