Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Nos seminarios traballaranse temas monográficos e requirirán algún traballo previo de preparación por parte dos estudantes. O seminario é unha instancia para socializar, decantar e sintetizar os coñecementos adquirirvos na preparación do mesmo.
Traballos de aula Engloban actividades heteroxéneas, deseñadas de acordo a obxectivos e contidos diversos. Comprenden entre outras: análise e/ou comentarios de series estatísticas, gráficos ou textos, resolución de exercicios e cuestións, discusión de documentos históricos, etc. Todas estas tarefas realizaranse por equipos de traballo integrados por estudantes. Cada equipo de traballo deberá presentar e defender oralmente os resultados do seu traballo, ademais de entregar o informe escrito do mesmo.
Sesión maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de xeito sintético, secuencial e motivador os aspectos clave dos contidos fundamentais da materia. As primeiras estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de economía; as restantes estarán destinadas a traballar temas monográficos. A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa dos estudantes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000