Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Consultoría e Xestión da Información
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Entrega de follas de exercicios e a nota dos pequenos controis que periodicamente se poidan facer.
40
Probas de resposta curta Exame escrito (ata 6 puntos):

Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico dos primeiros 5 temas da materia, e un exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames.

O exame final constará de 2 partes (a primeira corresponderase cos temas 1 a 5 e a segunda cos temas restantes), cada unha das cales valorarase sobre 6. Para poder aprobar a materia será preciso obter como mínimo 2 dos 6 puntos en cada unha das partes. Nese caso, a nota do exame obterase como a media aritmética simple das cualificacións obtidas en cada unha das partes.

Os alumnos que superen o exame parcial (obtendo unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) só terán que examinarse no exame final da parte correspondente aos temas restantes. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.

60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>NOTA IMPORTANTE: Como xa se mencionou, a nota final da materia resulta da suma da cualificación obtida na avaliación continua máis a obtida no exame. Con todo, a puntuación do exame só se terá en conta cando en cada unha das partes do mesmo o alumno obteña unha puntuación igual ou superior a 2 dos 6 puntos. En caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación obtida por avaliación continua.<br />A cualificación dos alumnos que non se presentan ao exame será a cualificación que obteñan por avaliación continua.<br />Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos.</p>
<p>A descripción desta guía está pensada para a modalidade presencial. A nota obtida polo alumno na parte presencial terá vixencia para as convocatorias para a s que da dereito a matrícula de cada curso académico.</p>
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000