Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Habilidades no manexo das TIC para a procura e uso da información
  CG2 Ser capaz de analizar, sintetizar e administrar datos derivados das observacións usando os fundamentos técnicos cuantitativos e de predición
  CG3 Capacidade para interpretar criticamente datos e texto
  CG4 Dominio do inglés e perfeccionamento e intensificación, como mínimo, dunha segunda lingua estranxeira
  CG5 Capacidade de comunicación oral e escrita
  CG6 Mobilidade e adaptabilidade a diferentes medios e situacións
  CG7 Capacidade de traballo en equipo, así como a nivel individual
  CG8 Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo
  CG9 Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado
  CG10 Capacidade para tornar un problema empírico en obxecto de investigación e elaborar conclusións
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos axentes económicos que interveñen no turismo e das relacións que se establecen entre eles.
  CE2 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto de políticas públicas, estrutura e evolución dos mercados turísticos: relacións nacionais e internacionais.
  CE3 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos recursos naturais, culturais e patrimoniais relacionados coa actividade turística.
  CE4 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto das diferentes manifestacións antropolóxicas, culturais e sociais que incentivan a actividade turística.
  CE5 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos fundamentos da xestión de empresas turísticas: problemas económicos internos e interrelacións entre os distintos subsistemas
  CE6 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos fundamentos do marketing turístico así como obxectivos, estratexias e políticas comerciais
  CE7 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto da xestión da información financeira e analítica da empresa turística
  CE8 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto do marco legal que regula as actividades turísticas.
  CE9 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto das técnicas básicas de investigación e prospectiva en materia turística.
  CE10 Analizar e avaliar os impactos xerados polo turismo
  CE11 Identificar os procesos operativos en empresas turísticas.
  CE12 Comprender o comportamento das persoas en empresas turísticas e aplicar as técnicas e métodos de dirección de persoal
  CE13 Avaliar alternativas de planificación, dirección e control de empresas turísticas, así como saber tomar decisións estratéxicas.
  CE14 Desempeñar actividades profesionais en inglés e outras linguas estranxeiras dentro do sector turístico
  CE15 Orientación do servizo ao cliente
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos
  CT2 Compromiso ético
  CT3 Creatividade
  CT4 Iniciativa empresarial
  CT5 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000