Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outras Defensa pública do TFG diante do Tribunal Avaliador nomeado pola Comisión de Implantación do Grao da FCETOU 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

















 
 
·         O acto de presentación será realizado polo alumno/a diante dun Tribunal Avaliador en sesión pública na data e hora asignada.

·         O/a estudante deberá estar na súa correspondente aula con suficiente anterioridade á hora á que foi convocado/a.


·         Na realización do TFG, o plaxio e a utilización de material non orixinal, (incluído aquel obtido a través de internet) sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, permiso do seu autor, será considerada causa de suspenso da materia (cualificación 0) e de perda do dereito á exposición pública (defensa) do mesmo.


·         O/a alumno/a exporá nun tempo máximo de quince minutos un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Posteriormente,  os membros do Tribunal avaliador realizarán as observacións e consideracións oportunas.


·        O/a alumno/a poderá usar como soporte da súa presentación o programa powerpoint, para o cal deberá subir o ficheiro da súa presentación á plataforma faitic un día antes da data de defensa pública.


·        A avaliación por parte do Tribunal seguirá os seguintes criterios:















 


Valoración


Tema, contido, organización e calidade do TFG


80%


Presentación pública do TFG


20%



·         Para a avaliación da presentación pública (defensa) do TFG atenderase aos seguintes aspectos:




















 


Valoración


Contido e organización


25%


Formato e claridade expositiva


25%


Presentación e defensa argumental


25%


Interacción co tribunal


25%



·        Finalizada a presentación pública dos TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación a porta pechada. Unha vez finalizada a deliberación, o Tribunal fará pública a cualificación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000