Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Planificación económica-financeira das empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas
4 probas na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/*as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode se presencial e non presencial. Pódense utilizar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, *audioconferencia, videoconferencia, etc.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B5
B7
C7
C13
D1
D4
Lección maxistral Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: Os alumnos/as resolverán 5 exercicios prácticos nas clases durante o curso. Cada exercicio representa o 20% da nota final que son 10 puntos. Para superar a materia necesitase acadar 5 puntos.

Aqueles que desexen mudar da avaliación contínua a global teñen un prazo do29 de xaneiro a 29 de febreiro   

 Os alumnos que non sigan a avaliación continua deberán superar unha proba escrita, cuxo valor será o 100% da nota final.
A avaliación de segunda convocatoria realizarase mediante o desenvolvemento dun exercicio práctico cun vlor do 100% da nota fina.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro . No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000