Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Deseño, elaboración de cuestionarios e análise de datos en investigación turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios -Resolución de exercicios de deseño e elaboración de cuestionarios: 40% da nota.

-Resolución de exercicios de mostraxe e análise de datos: 40% da nota.

-Exame: 20% da nota.
100 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B9
B10
C6
C9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

O alumnado deberá realizar as actividades propostas e entregalas no prazo en Moovie, tanto as correspondentes á parte de elaboración e deseño de cuestionarios como á parte de mostraxe e análise de datos. O peso da valoración na nota de cada unha das partes será do 40%. Tamén o estudante terá que realizar un exame, cuxo peso na nota será do 20%. É necesario ter unha nota mínima de 4 en cada unha das avaliacións para poder facer media e obter polo menos un 5 e así superar a materia.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

O alumnado que opte por esta modalidade de avaliación terá que realizar un exame cuxa parte teórica terá un peso do 20% e a parte práctica do 80%.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE

O alumnado que non supere a avaliación continua ou global na primeira oportunidade, será avaliado polo mesmo procedemento que a avaliación global na primeira oportunidade.

AVISOS DE AVALIACIÓN

Os estudantes matriculados manifestarán formalmente (por correo electrónico ou a través de Moovi) a súa intención de optar polo sistema de avaliación continua. A data límite para o cambio ao sistema de avaliación global será fixada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000