Probas de tipo test |
O alumnado realizará dúas probas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple,
emparellamento de elementos...). Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da orixe e significado dos itinerarios turísticos na secuencia diacrónica e sincrónica, razoando os aspectos básicos e as interaccións na programación deles e Adquisición de habilidades para analizar e interpretar os diversos recursos cara a programación dos itinerarios tendo en conta os impactos do turismo. |
50 |
A1 A3 A5
|
B3 B8 B9
|
C1 C3 C4 C9 C10
|
D2
|
A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partires das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente).
Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia.
Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios: a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 70% da calificación final. b) Realización dun traballo que suporá o 30% da calificación final. Segunda convocatoria: Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo tutelado e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo en relación co temario da materia. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Centro para o curso 2017-2018.
No caso de conflicto ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web de la FCETOU. |