Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Programación e guía de itinerarios
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
30
Resolución de problemas e/ou exercicios Análisis e resolución dos problemas y/o ejercicios propostos 20
Probas de tipo test 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia será avaliada por un sistema de avaliación continua, a partires das competencias adquiridas. A cualificación final será a suma dos diferentes elementos avaliados tendo en conta aspectos teóricos e prácticos (final numérica de 0 a 10 pola lexislación vixente). Casos particulares serán expostos o profesor/a da materia  a contratar, na data presente, por lista de agarda pendente de resolución nun concurso de profesorado.


Os alumnos que non sigan avaliación continua poderán presentarse aos exames  finais fixados na programación de exames da Facultade, aténdose aos seguintes criterios: a) Proba escrita. Exame xeral de carácter teórico que suporá o 70% da calificación final. b) Realización dun traballo bibliográfico que suporá o 30% da calificación final.


Segunda convocatoria:


Avaliarase o alumno coa realización dun exame final de carácter teórico-práctico que suporá o 50% da cualificación final, aténdose aos mesmos criterios xa expostos para a primeira convocatoria. Conservaranse as cualificacións de traballo de grupo, visita e outras actividades de avaliación continua que o alumno xa realizase. Naqueles casos que non se cumpra algún dos supostos mencionados anteriormente, o alumno deberá de compensalo mediante a realización dun traballo bibliográfico en relación co temario da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000