Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Programación e guía de itinerarios
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en
grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia
obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun
traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000