Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Programación e guía de itinerarios turísticos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Actividades introdutorias, lección maxistral, estudo de casos, traballo tutelado, prácticas con apoio das TIC, eventos científicos e seminario.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): Despacho virtual (Campus Remoto, UVIGO).


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas previstas como o seu peso na avaliación final manteranse para todo o alumnado. As únicas modificacións serán na utilización para a súa realización do Campus Remoto (UVIGO).

* Información adicional:
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2021-2022. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000