Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Calidade de procesos turísticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Realización de tres traballos realizados de forma autónoma en grupo, realizados ao longo do cuadrimestre.
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
D1
D3
D5
Estudo de casos Realización de casos prácticos ou análises de situacións.
20 A2
A4
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C11
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas forma de avaliar: avaliación continua e avaliación global. O prazo para mudar de avaliación continua a global e do 11 de setembro a 11 de outubro.

- Avaliación non continua, farase un traballo final proposto polo profesor.. Esta proba é destinado a avaliar a comprensión dos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota, e avaliar así, tanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e a utilización gramatical e ortográfica correcta usados naquelas partes que o requiran.

- Avaliación continua, Realizaranse tres traballos, é necesario superar os dous por separado (nota mínima 5) para superar a materia. Estas probas de avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas polo alumno ao longo do desenvolvemento das clases, nas que se valorará a correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluír a resolución de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo, y la realización e exposición oral de traballos dalgúns dos temas acordado co profesor. Neste bloque presencial poderase valorar a participación do alumno. Os estudantes para aprobar a materia deben obter por un u outro sistema de avaliación unha nota igual ou superior a 5 puntos.

- Para aprobar a materia o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. Aqueles traballos non superados serán presentados de novo na convocatoria oficial de xaneiro.

- Segunda oportunidade: en caso de non superar a avaliación continua, os traballos non superados serán presentados de novo na convocatoria oficial de exames de xullo.

- As datas e horarios das probas deavaliación das distintas convocatorias son as especificadas no calendario deprobas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. Encaso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán asindicadas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000