Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Linguas estranxeiras para o turismo IVB: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba teórica escrita 25
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios 50
Outros Proba oral 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou

un sistema de avaliación única.

Recoméndase optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma continua a asistencia a un 80% das

aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser comunicados ao

profesorado o antes posible.

Para a avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio nos

respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es) e no

BLOG asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/).

Quen opte de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao final do primeiro período, na

primeira edición das actas (maio/xuño), da seguinte forma:

1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%–)

2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será

penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria (mínimo 2 semanas

antes da introdución das notas en xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non

presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na

plataforma (http://faitic.uvigo.es) e no blog asociado (http://estudoslusofonos.blogspot.com/), mesmo que non se siga o

sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000